
Aquí tes as fotos do roteiro.
O vindeiro domingo 20 de febreiro visitaremos a Serra do Xistral. Nun principio tíñamos prevista a andaina polo Cadramón, pero debido a que saíu a exposición pública un proxecto dunha central hidroeléctrica reversíbel ao pé da Serra do Xistral, a petición do colectivo Cultura do País co que coorganizamos este roteiro, cambiamos o percorrido inicial e visitaremos estes terreos afectados dentro da Rede Natura 2000.
Guiaranos neste percorrido Manuel Camba, integrante da platafoma veciñal creada en oposición a este proxecto.
O autobús deixaranos no Trobo, no centro de Vilacampa onde comezaremos a andaina. Dende alí subiremos ao Curvel onde hai unhas mámoas e restos líticos interesantes. Unha vez no Curvel, subiremos campo a través ata os refuxios do paleolítico para finalizar no círculo neolítico con grande interese ao pé do Penito novo. Dende alí baixaremos ata a pista que nos levaría a Curro de Santo Tomé onde ten lugar a tradicional Rapa das Besta, aquí poderemos xantar antes de coller novamente o autobús que nos traerá de volta.
Recoméndase levar botas de auga ademais das botas de montaña e recambio de calcetíns por se fose necesario xa que a chaira do Curvel pode estar encharcada.
A lonxitude aproximada da andaina será duns 10Km e de dificultade baixa. O percorrido permitiranos ver a incidencia de parte do proxecto hidroeléctrico, tal e como se grafía na seguinte imaxe, na que aparece superposto en morado o percorrido aproximado, sobre o plano da instalación hidroeléctrica, cas dúas balsas e as tuberías de conexión. Non aparece por tanto a liña de alta tesión que conectaría coa Subestación en Xove.

Aquí algunha das imaxes do que imos a ver: