Que son os roteiros

  • COÑECE A TÚA CONTORNA CON ADEGA!

Os Roteiros de ADEGA-Lugo son aP6170204.jpgndainas pola Natureza que organiza a delegación de Lugo da organización ecoloxista ADEGA desde hai máis de 20 anos.

O obxectivo principal dos roteiros é achegar as persoas á súa contorna natural para que coñezan os valores naturais, patrimoniais e culturais que enriquecen e identifican o noso territorio.

Cada ano están dedicados a unha temática particular de carácter ambiental ou cultural e realizánse entre 8 e 9 por curso, xa que o programa de roteiros se desenvolve desde o mes de setembro ata o mes de xuño.

Todos os roteiros contan ademais coa colaboración de guías locais que nos axudan a interpretar o que vemos e nos trasladan as súas emocións e experiencias vividas no lugar ou zona a visitar.

Os roteiros son de xornada completa e teñen lugar un domingo de cada mes.

  • HORARIO E LUGAR DE SAÍDA E DE CHEGADA       

A saída en bus terá lugar ás 8.00 h. ou ás 9.00 h. da mañá (dependendo da proximidade do destino) do día da ruta desde a Avenida de Ramón Ferreiro, á altura da Facultade de Formación do Profesorado (antiga Escola de Maxisterio).

Os participantes que teñan confirmada a súa reserva deberán acudir 5-10 minutos antes da horade saída para poder acomodarse na súa praza de forma ordenada e tras confirmar cos membros de ADEGA no lugar de saída a súa identidade.

É posible que a hora de saída mude, segundo a distancia do destino, polo que se recomenda confirmar este dato ao facer a reserva da praza.

A hora de chegada a Lugo non adoita exceder das 21.00 horas. O punto de chegada a Lugo será o mesmo que o da saída.

  • VÍVERES PARA O CAMIÑO

As persoas participantes deberán levar os seus propios víveres (refrixerio, bebida, comida…) para o camiño. Recomendamos ademais levar roupa e zapatos cómodos para andar e consultar con antelación as previsións meteorolóxicas para ir preparados/as ante eventuais cambios de tempo.

  • RESERVA A TÚA PRAZA

A reserva poderá realizarse a través dos teléfonos 982 240 299 ou 677 800 293 ou a través do seguinte formulario: https://roteirosadegalugo.wordpress.com/reserva/

As prazas cubriranse por orde de inscrición. En cada roteiro admitirase un máximo de 50 participantes.

O prazo para efectuar a solicitude de praza remata o xoves anterior á data do roteiro, ás 14:00 horas, polo que non se admitirán as reservas posteriores.

  • PREZOS E PAGO

A partir de 2019, o pago deberá efectuarse por adiantado e mediante transferencia bancaria ao número de conta que se indicará unha vez formulada a solicitude, a fin de facer efectiva a reserva.

O prezo da actividade cubrirá os gastos de xestión, transporte e seguro de accidentes, e haberá descontos para os socios/as de ADEGA, estudantes, desempregados e menores de 14 anos:

Prezo xeral: 18€; Socios/as de ADEGA: 12€; Estudantes ou en paro: 15€; ata 14 anos: 5€.

  • CANCELACIÓNS

En caso de cancelación da reserva, prégase avisar o antes posible por teléfono.

A cancelación posterior ao período de inscrición suporá o aboamento íntegro do prezo da praza para evitar prexuízos económicos á organización. Excepcionalmente, se a baixa se debe a motivos de saúde, procederase á devolución da metade do importe, previa presentación do correspondente xustificante médico.