Roteiros 2016 - 2017

ROTEIRO POLO ROSAL-VALENÇA DO MINHO 18-06-2017

Agardámoste o vindeiro 18 de xuño para dar remate á campaña dos roteiros “Recuperando o noso”. Neste caso visitaremos no concello do Rosal un elemento patrimonial de gran relavancia: Os muíños do Folón e do Picón. Pola tarde desprazarémonos ao concello portugués de Valença do Minho, onde, en función da temperatura do día e do nivel de cansanzo de cada participante, poderemos contemplar unha espectacular paisaxe granítica no Castelo da Furna, ou exercer de “turistas” en Valença-A Fortaleza.

Ten en conta que, debido á distancia, a saída de Lugo será ás 8 h.

Ver cartel

Ver fotos. Só figuran as da ruta da mañá, porque a fotógrafa non participou da ruta da tarde debido ás elevadas temperaturas do día.

Ver fotos

Que pasedes un bo verán e que vos queden folgos para afrontar os roteiros 2017-2018!

 

Roteiros 2016 - 2017

ROTEIRO POR NEGUEIRA DE MUÑIZ 21-05-2017

O domingo, 21 de maio, ADEGA-Lugo celebra o seu penúltimo roteiro do programa “Recuperando O Noso”, que terá lugar en Negueira de Muñiz. Neste ciclo de andainas 2016-2017 puxéronse en valor iniciativas, proxectos ou experiencias que recuperan o noso patrimonio ou saber popular. En Negueira de Muñiz coñeceremos o proxecto de vida comunal dos veciños e veciñas de Ernes, Vilar e Foxos, que se foron asentando nas últimas décadas nos lugares nos que  a construción do encoro de Grandas de Salime asolagara unha parte das terras desas aldeas. Estes veciños guiarannos na ruta e darannos a coñecer o seu interesante proxecto de agroecoloxía “Cooperativa Ribeira do Navia” .

O percorrido será de 12 km e de dificultade media, agás os 3 primeiros km nos que a dificultade se achega á media-alta, debido á pendente.

Ver cartel

Ver fotos

Roteiros 2016 - 2017

ROTEIRO POLA PONTENOVA 23-ABRIL-2017

O vindeiro domingo, 23 de abril, ADEGA-Lugo convídate a participar nun roteiro de 14 quilómetros para coñecer as ferrarías e fornos da Pontenova (Lugo). A ruta denomínase “Ruta das Reigadas” e enmárcase no programa de roteiros 2016-2017 dedicado a coñecer o patrimonio material e inmaterial recuperado baixo o título de “Recuperando O Noso“. Nesta ruta de abril, visitaremos ríos, fragas e elementos pertencentes á nosa cultura tradicional, como as ferrarías. Ao final da andaina, tamén coñeceremos os Fornos da Pontenova.

O roteiro terá unha lonxitude de 14 quilómetros e a dificultade será media-baixa.

VER CARTEL

Podedes  ver as FOTOS deste  magnífico roteiro. Realmente tivemos ocasión de camiñar por unha “Señora Fraga”, tanto no que respecta á superficie como ao seu estado de conservación. Que biodiversidade!                                                                                             Grazas ao fotógrafo e a tódolos participantes. Vémonos o 21 de maio por terras de Negueira de Muñiz.

Roteiros 2016 - 2017

ROTEIRO POLAS FRAGAS DO EUME

Agardámoste o vindeiro 19 de febreiro para percorrer con nós as fermosas paisaxes do Parque Natural das Fragas do Eume. Tamén teremos oportunidade para visitar algúns elementos etnográficos da contorna.

Ver cartel

Cómpre das as grazas ao membros da Asociación Roxín Roxal polo ben que nos tiñan preparado este roteiro polas Fragas do Eume. Hai que agradecer tamén ao Mestre Secundino a paixón coa que nos amosou algúns dos elementos patrimonias cos que conta o Concello da Capela: “Parque etnográfico do Río Sesín”, “Casa do Pazo” e “Escola de Gutriz”. Persoas como Secundino representan unha gran riqueza para calquera pobo.       Se hai que porlle unha pega ao roteiro,  foi a falta de tempo para asimilar toda a información recibida, tanto visualmente como oralmente.  A Capela é, sen dúbida, un lugar ao que hai que voltar…

Ver fotos

Ver máis fotos