Rematamos a campaña de roteiros 2011-2012 nun fermoso lugar: a Serra do
Galiñeiro. Tivemos uns excepcionais guías, integrantes da “plataforma pola
protección da serra do Galiñeiro” que nos tiñan preparado un completo programa.
A idea era que ao longo do día puideramos coñecer parte do amplo patrimonio que
contén esa singular atalaia, á vez que reflexionariamos sobre a necesidade da
súa protección. Debido á unha inoportuna e intensa chuvia non foi posible
desenvolver todo o programa previsto, pero aínda así tivemos a oportunidade
coñecer ese mítico lugar, ao que estamos desexando volver, sen chuvia. Na
seguinte ligazón pódese ler un artigo escrito por Adela Figueroa (Curra) no que
se describe con detalle e sentimento a nosa andaina polo Galiñeiro.
http://mundogaliza.com/a-serra-do-galinheiro-no-sul-da-galiza-uma-fortaleca-a-defender/