Roteiros 2019 - 2020

Roteiro polas Mariñas Betanceiras coa Asociación Roxín Roxal

O vindeiro domingo 22 de marzo, continuaremos “Tecendo Redes” esta vez coas xentes da Asociación Roxín Roxal, cun roteiro a través da Rede Natura Betanzos-Mandeo.

Coa colaboración do histórico experto e militante ambientalista Fernando Bandín, observaremos os conflictos ambientais que afectan á zona do Mandeo, Mariñas e Ría de Betanzos: eucaliptización, contaminación no Mandeo e na Ría de Betanzos, especies invasoras, minicentral do Zarzo, Carrizal de San Xiao, Campos de tiro e fútbol no xuncal de Miodelo, recheos na praia de Sada e tamén visitaremos a reserva de anfibios de Oís.

Seguir lendo “Roteiro polas Mariñas Betanceiras coa Asociación Roxín Roxal”
Roteiros 2019 - 2020

Roteiro “Mádia Leva, 12 anos na historia de Lugo”

Podes ver a reportaxe fotográfica aquí.

  • Lonxitude: 7 Kms
  • Duración: 3h
  • Dificultade: Baixa
  • Finalizaremos o roteiro despois do xantar de convivo no río.

O vindeiro domingo 23 de febreiro, continuamos co programa de roteiros, esta vez da man do CS Mádia Leva, que nos amosarán os puntos máis emblemáticos de Lugo na actividade do centro social: A Historia do Mádia-Leva en Lugo, ou a Historia de Lugo dende o Mádia-Leva, ou Mádia-Leva na Historia de Lugo.

Saímos da Praza dos Mártires de Carral, entramos no Lugo amurallado e revivimos aspectos importantes da importante pegada da nosa cidade no Nacionalismo Galego. Saímos de Lugo por onde transitaba o trovador Esquío e no antiguo barrio do Carmen collemos o Camiño, un deles, e tiramos cara ó Miño, a nosa Raia Húmida, a nosa muralla de auga, onde miraremos, veremos, falaremos e despois xantaremos para rematarmos o Roteiro.

Seguir lendo “Roteiro “Mádia Leva, 12 anos na historia de Lugo””
Roteiros 2019 - 2020

O Lugo de Carvalho Calero en Colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Lugo

Podes consultar a reportaxe fotográfica aquí.

O vindeiro 9 de febreiro continuaremos co programa de roteiros “Tecendo Redes”, esta vez en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

O roteiro percorrerá varias rúas da cidade de Lugo para pararmos nos lugares máis significativos para o autor. O percorrido tamén inclúe unha visita á Escola de Fingoi que o propio autor dirixiu durante 15 anos, e onde nos esperarán coetáneos do autor para falar sobre a figura humana e da literatura galega que foi Carvalho Calero.

Seguir lendo “O Lugo de Carvalho Calero en Colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Lugo”
Roteiros 2019 - 2020

Terras do Miño, terras do Neira e fontes do río Tórdea en colaboración con Amigos do Patrimonio de Castroverde

Podes consultar a reportaxe fotográfica aquí.

O vindeiro 19 de xaneiro do 2020 comezamos o ano de roteiros en colaboración cos Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Altitude: desnivel aproximado de 300 m
Lonxitude de percorrido. : arredor de 17 km
Tempo de camiño: catro horas e cuarto, aproximadamente.

O roteiro de Furís-Páramo é circular de dificultade media, con saída e chegada ao pé da igrexa de de Furís (San Estevo). Ten unha lonxitude “aproximada” de 17 Km e un desnivel “aproximado” de 300 m, collendo como referencia os 620 m de altitude en Furís de Abaixo ao pé da casa de Cantiz e 900 m no punto máis elevado situado entre A Pena Grande e O Couso.

Seguir lendo “Terras do Miño, terras do Neira e fontes do río Tórdea en colaboración con Amigos do Patrimonio de Castroverde”
Roteiros 2019 - 2020

O Bierzo, a Galiza Irredenta en colaboración coa Asociación Tyto Alba

Fotos do roteiro

Lonxitude: 15 Km
Dificultade: Media
Roteiro circular

Roteiro circular

Comezaremos o roteiro en Palacios de Compludo, por riba dos 1500m de altitude, pobo restaurado seguindo os criterios da arquitectura tradicional. Bordearemos o pico Becerril  (1887m) e chegaremos ata a paraxe coñecida como Piedrafita, lugar onde se dividen as comarcas do Bierzo e Maragatería. Tras camiñar por esta serra arrasada polos incendios, e polas infraestructuras eólicas, chegaremos a Bouzas, pobo descoidado, e  colleremos unha senda que transcorre por unha excelente e conservada carballeira, xa en  terreos da reserva ornitolóxica, onde empalmaremos coa ruta do oso dentro dos denominados montes de león.

Seguir lendo “O Bierzo, a Galiza Irredenta en colaboración coa Asociación Tyto Alba”