Roteiros 2020 - 2021

ROTEIRO “Onde o Miño se entrega ao mar”

O vindeiro 20 de xuño poñemos o punto e final ao programa de roteiros 2020-2021 “Augas vivas, as bacías do Miño e do Sil”, co roteiro “Onde o Miño se entrega ao mar”.

Chegaremos ata a Igrexa de San Lourenzo de Salcidos na Guarda,  onde tomaremos o café e descansaremos un pouco da viaxe do autobús. Camiñaremos polo Esteiro dende a Xunqueira até a desenmbocadura do Miño. O Esteiro está considerado como Zona de Especial Protección para as aves (ZEPA), Zona de Especial Protección dos Valores Naturáis (ZEPVN) e Lugar de Interese Comunitario (LIC). Está incluido na lista de zonas húmidas de importancia internacional de Europa e Norte de África e pertence á Rede Natura 2000. Durante o percurso acompañaranos un ou unha membro da Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) para explicarnos os valores naturáis do esteiro. Si ao final temos tempo poderiamos darnos un baño. Teremos servizo de cafetería na Praia do Muíño.

Seguir lendo “ROTEIRO “Onde o Miño se entrega ao mar””
Roteiros 2020 - 2021

ROTEIRO “O Avia Viñateiro”

Este domingo 23 de maio temos unha nova saída dos roteiros organizados pola delegación de Lugo de ADEGA, camiñaremos dende a Pena Corneira, e coñeceremos o bosque de Ridimoas, en custodia pola asociación que leva o mesmo nome.
Faremos un percorrido duns 12 Km, con dificultade Media-Baixa.

Seguir lendo “ROTEIRO “O Avia Viñateiro””
Roteiros 2020 - 2021

ROTEIRO “A mestura das augas”

Podes ver a reportaxe fotográfica aquí.

O 21 de marzo o Roteiro de ADEGA Lugo estará adicado á ”mestura das augas”. Escollemos para isto a ruta liñal de 11 Km de vai dende A Peroxa até Os Peares na provincia de Ourense. É un percorrido doado, de baixada, que transcorre por dous cenarios diferenciados: na primeira parte ao carón do río Barra ata Gulfariz; na segunda parte á beria do Miño ata a vila dos Peares, onde poderemos ver a unión dos ríos Sil, Miño e Búbal.

Seguir lendo “ROTEIRO “A mestura das augas””
Roteiros 2020 - 2021

ROTEIRO O Miño en Lugo para todas

  • Lonxitude: 8Km
  • Dificultade: Baixa

O vindeiro domingo 20 de decembro, continuamos coa programación de roteiros de ADEGA Lugo, esta vez seguindo o trazado dos cursos fluviais ameazados na cidade.

Comezaremos no Centro de Cestería no Rato, e coñeceremos algunhas das carballeiras e camiños tradicionais que aínda se manteñen na cidade, pero que se ven ameazados por obras proxectadas, como a Ronda Leste ou o proxecto de ADIF de eliminar os pasos a nivel.

Seguir lendo “ROTEIRO O Miño en Lugo para todas”