
O vindeiro domingo 20 de marzo, visitaremos a zona de Negueira de Muñiz, xunto coa Asociación para o Desenvolvemento de Negueira (ADN).
O bus deixaranos na aldea asturiana de Uria onde comezaremos o ascenso ata o Birileo ou Busbeirón (1286m) dende onde, se o tempo nos acompaña, poderemos contemplar unha gran panorámica dende os Ancares ate a costa cantábrica. No camiño atoparemos alvarizas e curros, e poderemos coñecer os proxectos eólicos que ameazan a zona.
O Birileo está catalogado como o cumio máis alto dos Montes de A Fonsagrada e é o punto de confluencia dos concellos de A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e do asturiano Ibías.
A ruta é circular e conta cun percorrido de algo menos de 18Km cun desnivel de 911m, ten unha dificultade media-baixa.