Esperámoste no próximo, e último roterio desta campaña, por terras de Allariz, no que teremos ocasión de coñecer o lugar no que se desenvolve a lenda de Santa Mariña de Augas Santas.
Nesta ocasión a saída de Lugo será ás 8 da mañá. Faremos unha parada no cruce de Cambeo para coller xente procedente de Santiago (ás 9:15)
Tendo en conta que o roteiro é o día 23 de xuño e, polo tanto, coincide co San Xoán,
faremos o posible por chegar a Lugo a unha hora prudencial para podernos incorporar ás cacharelas, se aínda nos quedan folgos e alguén nos ten invitado. Ver cartel do roteiro. Ver información máis precisa sobre os lugares a visitar Este ano rematamos a campaña de roteiros cun día e un percorrido ben fermosos, ou non? Tivemos tamén a sorte de contar con dous guías moi entregados que nos fixeron moi interesante a ruta e nos xeraron gañas de volver outra vez por esas terras. Podedes ver algunas fotos que reflicten o dito anteriormente. DANI, votámoste en falta, como caminante e como fotógrafo. Grazas a tódolos participantes e ata a vindeira campaña.