VER FOTOS POR CAUSAS DE FORZA MAIOR TIVEMOS QUE CAMBIAR O ITINERAIRO DO ROTEIRO, PERO Á VISTA DAS FOTOS NON ESTIVO NADA MAL O CAMBIO. TEMOS QUE DAR MOITAS GRAZAS AOS AMABLES GUÍAS QUE NOS ACOMPAÑARON, PERMITÍNDONOS PASAR UN DÍA MOI AGRADABLE Á BEIRA DO RÍO SOR E TAMÉN POLA SÚA RECOMENDACIÓN DE REMATAR A XORNADA Á BEIRA DO ATLÁNTICO. ATA O VINDEIRO OUTONO!
Categoría: Roteiros 2013 – 2014
PRÓXIMO ROTEIRO: RÍO SOR-O VICEDO: 22 DE XUÑO
Cartaz Vicedo 22-06-14 Esperámosvos no roteiro do día 22 de xuño. Camiñaremos por un fermoso lugar: a desembocadura do río sor na ría do Barqueiro. Será o derraderio roteiro desta campaña. Contamos con vós!
ROTEIRO POLA FONSAGRADA: 18 DE MAIO de 2014
Ver cartel Comunicamos que o roterio que tiñamos previsto facer pola Ribeira Sacra o día 18 de maio levarase a cabo por terras da Fonsagrada, visitando entre outros lugares de interese a fermosa SEIMEIRA (fervenza) DE VILAGOCENDE. Desculpade o cambio. Ver fotos Foto mirador Grazas como sempre aos fotógrafos por enviarnos as fotos que nos permiten rememorar as vivencias dos roteiros.
ROTEIRO POR MONTEFURADO-QUIROGA 27-04-2014
Cartel Montefurado 27-04-2014 Esperámosvos no roteiro “AUGAS DOURADAS” que trascorrerá por terras de Montefurado.
Ver fotos Non hai máis que ver as fotos, que amablemente nos facilita Daniel, para comprobar que fixemos un fermoso roteiro, con premios incluídos! É probable que alguén teña maniotas, pero iso tamén era evitable facendo uso do “coche escoba”. Grazas a todos/as pola asistencia e moi especialmente á xente da asociación BOCA DO MONTE por prepararnos un roteiro tan completo.
ROTEIRO POR RIOTORTO 23-03-2014
Esperámosvos o vindiero domingo 23 de marzo no rotiero que imos facer por Riotorto, en concreto a RUTA DO FERRO. Esta fermosa andaina serviranos para coñecer a importancia que tivo a auga na industria do ferro, tan relevante nese Concello. Cartaz_roteiro_Riotorto_23-03-14.pdf Ver fotos do roteiro