Podedes ver as fotos do roteiro do domingo 29 de xuño organizado pola Deputación de Lugo (coa colaboración de ADEGA). Como é haitual, as fotos enviounas Daniel Piñeiro. Bo verán!
"Non se pode amar o que non se coñece, e non se defende o que non se ama"
Podedes ver as fotos do roteiro do domingo 29 de xuño organizado pola Deputación de Lugo (coa colaboración de ADEGA). Como é haitual, as fotos enviounas Daniel Piñeiro. Bo verán!
O domingo 14 de xuño remataremos os roteiros da campaña 2014-2015 visitando un lugar singural: a illa de Cortegada. Teremos ocasión de pasar un día de relax no bosque de loureiros máis impresionante da península ibérica. CARTEL CORTEGADA 14-06-15 Ver fotos. Nesta ocación non nos puido acompañar o noso fotógrafo habitual polo que a reportaxe fotográfica non é como de costume.
Bo verán!
O vindeiro domingo 31 de maio terá lugar un novo roteiro de ADEGA-Lugo entroncado tamén na campaña “Cousa de raíces”. Neste caso, a ruta desenvolverase no LIC Parga-Ladra-Támoga. Ver cartel do roteiro. Ver as fotos do roteiro.
Podedes ver as fotos do roteiro do día 22 de marzo no que percorremos da man de “Mariña Patrimonio” e outras asociacións varios lugares con interese arqueolóxico da mariña lucense. Tivemos un día moi frío pero o itinerario foi moi interesante. Grazas aos guías e a tódolos participantes.
Esperávosvos no vindeiro roteiro que transcorrerá polo sobreiral do Arnego. É unha excelente oportunidade de camiñar por un bosque de sobreiras sen alonxarnos moito de Lugo. Ver cartel Nas fotos que nos enviou Daniel Piñeiro queda patente que fixemos un roteiro por un lugar ben fermoso. Ver outra foto feita no “corazón” do sobreiral e que foi enviada por outro habitual roteirista Grazas ao guías o a tódolos participantes.