Roteiros 2019 - 2020

O domingo 3 de novembro roteiro lúdico -reivindicativo polo destruído Camiño Real do Iribio, vítima do espolio do vento

Fotos do roteiro

   O roteiro comezará no Alto do Couso (Queixadoiro), punto de unión dos concellos de Triacastela e Pedrafita. Ao comezar a dirixirnos cara a Serra do Iribio queda á dereita o regueiro de Roxiño, pertencente á conca do Miño, e á esqueda os regueiros do Val de Abredo e da Carrioza, da conca do Sil. Ao aproximarnos a un alto de 1422 m, vemos o rego do Xardoal, que baixa á aldea de Carqueixeda e á man dereita vemos a magnífica Devesa do Iribio, que poderemos contemplar ata a Pena Soá. Neste punto xa estamos dentro da poligonal do desastre eólico no Iribio, e aquí teñen pensado colocar o aeroxerador A 2. Segundo avanzamos vemos o rego do Retorno, que vai dar á aldea de Santa Mariña, pero antes de chagar á súa altura teremos á vista o sitio da base do aeroxerador A 3, no monte da Rodela. A partir de aquí as desfeitas na fermosa serra multiplícanse a cada paso. No Alto do Retorno estarían os restos da Venta do Retorno.

Seguir lendo “O domingo 3 de novembro roteiro lúdico -reivindicativo polo destruído Camiño Real do Iribio, vítima do espolio do vento”
Roteiros 2019 - 2020

ADEGA Lugo presenta os roteiros do curso 2019-2020 baixo o título “Tecendo Redes”

Cartaz roteiros 2019-2020

ADEGA-Lugo, cunha programación de roteiros que vén de facer 20 anos e que é xa toda unha seña de identidade da delegación de Lugo, quere seguir convidando a todos os públicos a gozar e coñecer as mil e unha paisaxes, os mil e un tesouros ambientais e patrimoniais, os mil e un territorios dun país que a cada paso tantas xoias como historias garda.

Tantos anos percorrendo os camiños da Galiza constan unha certeza: por fortuna, cada un destes tesouros, nas súas mil e unha feituras, ten un ronsel de afoutas e afoutos coidadores e gardiás. Malia as desatencións, malia as agresións, malia as ameazas que eses tesouros tantas veces e tan inxustamente padecen.

Seguir lendo “ADEGA Lugo presenta os roteiros do curso 2019-2020 baixo o título “Tecendo Redes””