Roteiros 2014 - 2015

ROTEIRO POLOS ACEBAIS DE PIORNEDO (ANCARES) 15-03-2015

ATENCIÓN! O roteiro “Acebais de Piornedo” ( Ancares) cambia de día: vai ser o 15 de marzo e non o 22 como estaba previsto inicialmente. Ver CARTEL PIORNEDO 15-03-15     Unha vez xa feito o roteiro podemos concluir que foi todo un éxito, tanto no que respecta á participación como á fermosura dos lugares polos que transitamos. Hai que agradecer tamén a boa disposición das nosas guías: Isolina e Lola.                                                           Podemos ver aquí as fotos do roteiro grazas á amabilidade do noso “fotógrafo oficial” Daniel Piñerio. Todas son fermosas pero a número 44 é insuperable. Ao final aparece un vídeo no que 10 persoas tratan de abrazar un dos enormes carballos que tivemos ocasión de contemplar.

Roteiros 2014 - 2015

ROTEIRO POLAS FRAGAS DE CATASÓS (LALÍN) 25-01-2015

Coa visita ás Fragas de Catasós  de Lalín iniciamos os roteiros 2015 entroncados na campaña “Cousa de Raíces”. Ver programa.

Este primeiro roteiro  levaranos polas terras do Deza, nas que, pese ás adversidades, aínda se conservan bos enclaves  de bosque autóctono. O roteiro permitiranos deleitarnos na espectacularidade dos castiñeiros da Fraga de Quiroga, considerada Monumento Natural. Ademais, camiñaremos pola Fraga de Casas Vellas, ameazada  pola tala de gran número de árbores para o paso dunha liña eléctrica. Percorreremos tamén a Fraga de Belelle.                                                                                                  Colaboran con ADEGA: Plataforma “Salvemos Catasós” e grupo sendeirista “Érbedo”

Ver cartel

Ver información completa deste roteiro

Nesta ocasión foi un roteiro atípico dada a cantidade de xente que participou nel. Así uníronse á ADEGA e á Plataforma  “Salvemos Catasós” peroas procedentes de tódolos currunchos de Galicia. Grazas a todos/as polo seu apoio.

A cobertura don roterio por parte dos medios de comunicación tamén foi salientable. Ver información.

Ver fotos do roteiro aportadas, como sempre, por Daniel Piñeiro, “fotógrafo oficial” dos roteiros de ADEGA-Lugo

Ver máis fotos da cámara e  bo facer de Manolo Graña, participante tamén neste roteiro.

 

Roteiros 2014 - 2015

ROTEIRO POLA FRAGA DA MARRONDA (BALEIRA) 14-12-2014

Vémonos o vindeiro día 14 de decembro nun fermoso lugar: A FRAGA DA MARRONDA.  VER CARTEL

As fotos que nos aporta, como sempre, o magnífico fotógrafo Daniel Piñeiro lémbrannos a fermosura do “corazón” da Marronda. Seguro que a máis de un/unha tamén lle traen recordos das  moitas veces que tivo que meter os pés nas “molladas” augas do regueiro. Que vos parece se despois de repoñer forzas cos doces do Nadal volvemos a facer a ruta? Nesta segunda vez, eu propoño facela en sentido inverso, é dicir: río arriba. É broma, pero eu persoalmente non descarto volver por alí nun momento con menos humidade. Xa quedan poucos lugares en Galicia onde se podan ver espazos naturais tan pouco alterados.VER FOTOS

Pasade unhas boas festas de Nadal e vémonos nos roteiros de 2015. Estade atentos ao blog, email ou web de ADEGA xa que proximamente comunicarase o programa deses roteiros.