Roteiros 2018 - 2019

A Serra do Xurés: seguindo os pasos do lobo, baixo a mirada da aguia real

cartaz-adega-xures

ADEGA-Lugo pon o ramo á xeira de roteiros 2018-2019, “Fauna d’aquí”, cunha andaina pola Serra do Xurés, programada para o vindeiro domingo 9 de xuño. Desta vez viaxaremos até o Parque Natural da Baixa Limia – Serra do Xurés, lindeiro co Parque nacional portugués da Peneda – Gerês, para coñecermos máis as especies que habitan os grandes territorios: a aguia real, o lobo ou a cabra montesa.

Seguir lendo “A Serra do Xurés: seguindo os pasos do lobo, baixo a mirada da aguia real”

Roteiros 2018 - 2019

Rastrexando O Veral: na procura do mexillón de río e doutras pegadas

Cartaz O Veral 18-11-18O vindeiro domingo, 18 de novembro, ADEGA-Lugo organiza a segunda andaina do programa de roteiros “Fauna d’aquí”, dedicado ao coñecemento e posta en valor da fauna autóctona de Galiza. Desta volta, visitaremos a Aula da Natureza do Veral e camiñaremos polo val do río Mera de Lugo.

Un dos protagonistas da xornada será o mexillón de río, unha especie en perigo de extinción que desempeña un papel fundamental no filtrado dos ecosistemas fluviais e que constitúe un importante bioindicador da calidade e saúde das súas augas.

Seguir lendo “Rastrexando O Veral: na procura do mexillón de río e doutras pegadas”

Roteiros 2018 - 2019

Roteiro: O oso pardo, de volta no Courel

Cartaz roteiro Courel 2018-2019O vindeiro domingo, 28 de outubro, ADEGA-Lugo dá comezo ao seu programa de roteiros “Fauna d’aquí” 2018-2019 cunha andaina pola Serra do Courel, destino consolidado que tradicionalmente marca o inicio de cada curso.

Dentro dun ciclo de camiñadas dedicado ao coñecemento e posta en valor da fauna autóctona de Galiza, o percorrido deste ano polo Courel terá como protagonista ao oso pardo, unha especie en perigo de extinción, que tras a súa case desaparición do territorio galego a finais do século XIX, parece amosar signos de recuperación, grazas aos esforzos de conservación sobre o seu hábitat e ao cambio cara unha visión máis positiva e favorable entre os habitantes das zonas oseiras.

Seguir lendo “Roteiro: O oso pardo, de volta no Courel”

Roteiros 2018 - 2019

A Fauna galega, protagonista dos roteiros de ADEGA-Lugo 2018-2019

ADEGA-Lugo dedicará os Roteiros deste curso 2018-2019 ao coñecemento e posta en valor da fauna autóctona de Galiza, especialmente de especies dos diferentes grupos animais que son emblemáticas ou que están en situación de ameaza, ben polo seu preocupante estado de conservación, ben pola controversia social que suscitan. Descarga o PROGRAMA ROTEIROS 2018-2019 e RESERVA PRAZA.

Seguir lendo “A Fauna galega, protagonista dos roteiros de ADEGA-Lugo 2018-2019”