Roteiros 2018 - 2019

A Serra do Xurés: seguindo os pasos do lobo, baixo a mirada da aguia real

cartaz-adega-xures

ADEGA-Lugo pon o ramo á xeira de roteiros 2018-2019, “Fauna d’aquí”, cunha andaina pola Serra do Xurés, programada para o vindeiro domingo 9 de xuño. Desta vez viaxaremos até o Parque Natural da Baixa Limia – Serra do Xurés, lindeiro co Parque nacional portugués da Peneda – Gerês, para coñecermos máis as especies que habitan os grandes territorios: a aguia real, o lobo ou a cabra montesa.

Continue reading “A Serra do Xurés: seguindo os pasos do lobo, baixo a mirada da aguia real”

Advertisements
Roteiros 2018 - 2019

As libeliñas de Pontevedra: roteiro polas ribeiras do Lérez

cartaz adega pontevedraSeguindo coa xeira de roteiros deste curso, “Fauna d’aquí”, en ADEGA-Lugo xa temos preparada a seguinte andaina, que terá lugar o vindeiro domingo, 19 de maio. Desta volta, viaxaremos ata Pontevedra cun roteiro polas ribeiras do río Lérez, onde descubriremos moitas especies que habitan nun ambiente tan influenciado pola actividade antrópica.

O percorrido será de 12 km e a dificultade baixa.

Faremos unha parada no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, ás 9:30 horas, para recoller aquelas persoas que desexen acudir desde alí. Continue reading “As libeliñas de Pontevedra: roteiro polas ribeiras do Lérez”

Roteiros 2018 - 2019

Roteiro polo Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Grupo P.N. CorrubedoÁLBUM FOTOS

O pasado domingo, 5 de maio, puidemos gozar dunha espléndida e solleira xornada cun fermoso e interesantísimo roteiro polo Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Neste espazo natural, que posúe unha das maiores diversidades de ecosistemas costeiros de Galiza, puidemos descubrir e coñecer un pouco máis algunhas especies de flora e fauna moi escasas no noso territorio. Continue reading “Roteiro polo Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán”

Roteiros 2018 - 2019

Corrubedo: relicto da píllara das dunas, o sapoconcho común e o sapo de esporóns

Cartaz Corrubedo 05-05-19O vindeiro domingo, 5 de maio, desde ADEGA-Lugo continuamos defendendo e dando a coñecer aquelas especies máis ameazadas da fauna autóctona galega, cun novo roteiro do programa “Fauna d’aquí”. Nesta ocasión, viaxaremos ata o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que presenta unha gran variedade de hábitats, relicto de especies escasas de aves, réptiles ou anfibios.

O percorrido será de 13 km (alternando treitos a pé e en bus) e a dificultade baixa.

Desta volta, faremos unha parada no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, ás 9:30 horas, para recoller aquelas persoas que desexen acudir desde alí.

Continue reading “Corrubedo: relicto da píllara das dunas, o sapoconcho común e o sapo de esporóns”

Roteiros 2018 - 2019

Roteiro San Tirso-A Pontenova pola Ruta do Ferrocarril

20190324_141758-e1553949932568.jpgÁLBUM FOTOS

O pasado domingo, 24 de marzo, gozamos dunha cálida e apracible xornada, realizando un fermoso roteiro por terras astur-galegas. Ao tempo que remontamos o río Eo, do mesmo xeito que o salmón volta ao seu lugar de orixe para continuar co ciclo da vida, puidemos coñecer un pouco máis da historia da minería do ferro do antigo concello de Vilaoudriz. Camiñamos pola Ruta do Ferrocarril ou Vía Verde do Eo, desde San Tirso ata A Pontenova, seguindo o antigo trazado da liña ferroviaria que conectaba as minas de ferro co cargadoiro da ría de Ribadeo. Continue reading “Roteiro San Tirso-A Pontenova pola Ruta do Ferrocarril”