Sen clasificar

Roteiro “As aves na trampa do vento”

O vindeiro domingo 26 de marzo achegarémonos ata a Mariña, e será Manolo Miranda, de Mariña Patrimonio quen nos guíe neste roteiro.

O percorrido consta duns 10Km e ten unha dificultade baixa/moderada, comezará en Morás e rematará no faro de Punta Roncadoira.

O punto de encontro será o lugar onde se atopaba a antiga baleeira do Portiño de Morás. Aquí, Lucía Sánchez Meitín, especialista en cultura e patrimonio do Concello de Xove, falaranos da historia da baleeira e o que significou para a zona. Dende este punto comezaremos a andaina pasando pola canteira de Cabo Morás e mailo lugar onde se fabricaron os dolos empregados na construción dos diques do porto de Alúmina.

A continuación, tomaremos o sendeiro que percorre o fermoso litoral de Xove, probablemente o mellor conservado da Mariña luguesa. Durante este traxecto pasaremos pola Atalaia, polas inmediacións da Illa de Ansarón, subiremos ata o monte da Vela, desde onde poderemos contemplar unhas magníficas vistas, e comezaremos o descenso ata a fermosa aldea de Portocelo, en cuxa praia faremos unha parada para xantar.

Tralo xantar, colleremos camiño do castro e das ruínas do mosteiro de San Tirso. Desde este lugar, faremos outra pequena subida até o Monte Castelo e finalmente dirixirémonos ao faro de Punta Roncadoira, onde poñeremos punto e final a este roteiro.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s