
Volta arredor da Finca de Quintas. Serpentinas de Melide.
Distancia: Entre 8 e 10 km, dependendo do estado dos camiños polas chuvas. Dificultade baixa.
A Finca de Quintas foi un espazo agrogandeiro de case 200 ha no centro de Galicia, nunha zona relativamente chan entre a Serra do Careón e o río Ulla: unha paisaxe pouco habitual en Galicia á que contribúe decisivamente o peculiar substrato xeolóxico de rochas serpentiníticas.
Zona transitada polo lobo, cunha elevada riqueza de aves e, sobre todo, con vexetación e flora de extraordinaria rareza, que acolle varias especies exclusivas a nivel mundial, catalogadas en perigo crítico de extinción a raíz da acelerada transformación do uso da terra desta comarca nas últimas décadas.
Ler máis: Roteiro “O corazón da Galiza. Biodiversidade, auga e terra”Neste contexto, a Xunta de Galicia anunciou que quere instalar sobre esta xoia natural unha fábrica de celulosas para elaborar fibras textís a partir de madeira de eucalipto.
No roteiro daremos volta a toda a finca, a ambas marxes do río Seco, limite entre os concellos de Palas de Rei e Santiso, reivindicando a vital importancia de deter a perda de biodiversidade para a saúde do planeta e para un desenvolvemento humano sustentable.