Roteiros 2021- 2022

ROTEIRO O Santuario perdido dos celtas

Podes ver as fotos do roteiro aquí.

O vindeiro 24 de abril imos achegarémonos a Cerdedo, nunha ruta en colaboración coa Asociación Capitán Gosende. Desta volta sairemos de Lugo ás 9h dende Maxisterio. A lonxitude total da ruta é de algo menos de 7Km, e a dificultade é baixa, pois na súa totalidade imos por unha pista de xabre, sempre por riba dos 970m de altitude.

-Punto de encontro: Cerdedo (cafetaría NelRoss) onde poderemos tomar un café antes de comezar a ruta. Dende Cerdedo colleremos o autobús até Chan de Mamas onde comezaremos a ruta dirección a Portalén, dende alí camiñaremos ata a ermida da Santa Mariña. Por recomendación do guía xantaremos no viveiro de Santa Mariña. E dende aquí voltaremos ata a aldea de Cimadevila (Caroi) onde colleremos o autobús de volta.

Percorreremos nun itinerario lineal algunhas das estacións arqueomíticas do monte do Seixo, descubertas tras unha investigación etnográfica levada a cabo a finais dos anos noventa:

Chan de Mamas (necrópole neolítica: a tumba do Tecelán de Carballás); as lagoas de Xestido (lenda da santa Mariña e do pozo da Muller Morta); o Almadraque de Pirocha (tripla manifestación da Moura, deidade primixenia); a Trampa do Lobo (vestixios dun cortello lobeiro); a Cruz do Seixo (antigo e cristianizado ara solis); Portalén (a porta ao Máis Alá); o Marco do Vento (pedrafita de 6 m de alto e 30 m3 de pedra de gran)…

Ao tempo, denunciaremos, coma sempre, a desfeita arqueolóxica e ambiental perpetrada na montaña dende que, en 1999-2000, a cacicaxe de Cerdedo e Forcarei permitisen a instalación dos aeroxeradores eólicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s