Podes consultar a reportaxe fotográfica aquí.
O vindeiro 9 de febreiro continuaremos co programa de roteiros “Tecendo Redes”, esta vez en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
O roteiro percorrerá varias rúas da cidade de Lugo para pararmos nos lugares máis significativos para o autor. O percorrido tamén inclúe unha visita á Escola de Fingoi que o propio autor dirixiu durante 15 anos, e onde nos esperarán coetáneos do autor para falar sobre a figura humana e da literatura galega que foi Carvalho Calero.
A continuación visitaremos as beiras do río Miño, lugar predilecto e de inspiración do autor onde faremos unha pausa para comer o que levemos.
Tralo xantar subiremos até a Praza do Ferrol para diante do monolito adicado a Pilar García Negro ler o poema de Carvalho Calero sobre o río Miño, do que alí aparece escrito o inicio das incontábeis poesías de Carvalho dedicadas ao Miño.
Este roteiro é de balde, e conta con seguro, polo que é preciso anotarse antes do xoves 6 de febreiro ás 14h aquí.