Roteiros 2019 - 2020

Terras do Miño, terras do Neira e fontes do río Tórdea en colaboración con Amigos do Patrimonio de Castroverde

Podes consultar a reportaxe fotográfica aquí.

O vindeiro 19 de xaneiro do 2020 comezamos o ano de roteiros en colaboración cos Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Altitude: desnivel aproximado de 300 m
Lonxitude de percorrido. : arredor de 17 km
Tempo de camiño: catro horas e cuarto, aproximadamente.

O roteiro de Furís-Páramo é circular de dificultade media, con saída e chegada ao pé da igrexa de de Furís (San Estevo). Ten unha lonxitude “aproximada” de 17 Km e un desnivel “aproximado” de 300 m, collendo como referencia os 620 m de altitude en Furís de Abaixo ao pé da casa de Cantiz e 900 m no punto máis elevado situado entre A Pena Grande e O Couso.

Mapa do roteiro

O roteiro discorre na súa meirande parte por camiños rurais sen asfaltar, así como por varios tramos asfaltados.

O trazado percorre lugares de enorme interese ambiental e histórico-cultural.

No aspecto ambiental merece salientarse o bosque autóctono (mostrándose como máis importante o carballal de Furís), árbores senlleiras (carballos e castiñeiros centenarios en; A Abelleira, Porcín, Furís de Abaixo), con alternancia puntual de prados e leiras. Así mesmo, o percorrido atravesa en varios puntos varios regos -afluentes do río Tórdea-.

Ao longo do roteiro existen varios bens patrimoniais de grande valor histórico-cultural:

  1. Xacementos arqueolóxicos: Castro de Furís (Croa e Croíña), castro de Arrubial, Eirexe en Páramo e castro de Pereira.
  2. Igrexas: de  Furís, Páramo (sobre o castro de Eirexe); capelas de Santa Bárbara en Pereira, San Roque na Abelleira  e cruceiros ao pé da capela de Pereira e cruceiro con pousadoiro en Furís de Arriba.
  3. Construcións etnográficas: muíños en Furís de Abaixo (o de Cabanela e Portela, rehabilitados recentemente, os do Castelo sen rehabilitar); varias fontes en A Abelleira, Porcín,…
  4. Pola parroquia de Furís pasa  tamén a Vía Romana XIX polos lugares de Furís de Abaixo, Pereira e Abelleira en dirección a Baralla. Pequenos tramos do roteiro coinciden co trazado desta vía (véxase plano).

Tamén son de salientar certos lugares de interese paisaxísticos, como formacións de rochedo no lugar “A Pena Pequna” e as fermosas vistas tanto para o norte, nordeste con vistas sobre as terras de Fonsagrada e Os Ancares, coma para o Sur terras do Páramo, o Cogo e Lugo…

No comenzo do roteiro podemos ver o pousadoiro, cruceiro e igrexa de Furís.

A Igrexia de Furís (Santo Estevo) é renacentista con dúas naves separadas por tres arcos. Espadana de dous corpos e tres vans con decoración barroca, e un retablo neoclásico. O cruceiro de planta cadrada en forma escalonada, fuste octaédrico e capitel trococónico sobre o que se apoia a cruz. O pousadoiro é dos poucos que quedan en forma de púlpito.

Desde a igrexa subiremos en dirección ao castro de Pereira.

Unha vez chegado ao castro, baixaremos o camiño de Pereira onde podemos visitar a capela de Santa Bárbara, pequena construcción en forma rectangular, cuberta a tres augas con pequena cruz granítica; e o cruceiro de Santa Bárbara, de base granítica con pequeno fuste e capitel prismático sobre o que se asenta a cruz.

Desde Pereira voltaremaos a coller a estrada de Fogontelle e a uns cantos metros, colleremos o camiño do monte que leva perto da Abelleira (a uns 300m), onde poderemos visitar a capela de San Roque, xunto ca fonte e o carballo centenario da Abelleira.

Dende aquí subiremos á Azureira, e logo dunha pronunciada curva pasaremos preto da Pena Pequena, onde disfrutaremos dunhas fermosas vistas cara terras de Lugo, o Páramo e Sarria. Mirando ao suroeste, se miramos ao norleste poderemos ver desde os Ancares ata A Fonsagrada. Poderemos ver tamén o Carballal de Furís.

O Camiño forestal levaranos á Augalevada, o nome procede dunha disputa, entre a parroquia de Furís e Guimarei, xa do concello de Barralla. Augalevada, de roubada ou levada, elevada.

Desde aquí continuaremos con fermosas vistas sobre parroquias de Baralla, podendo ver a Arrubial e Eirexe.

Desde Arrubial chegaremos ao lugar de Eirexe, onde está situada a igrexa de San Miguel de Páramo sobre un castro. Esta igrexia, de nave rectangular e cuberta a dúas augas, posúe un rexo contraforte no lateral norte con escaleiras ata a campá. Dispón ademais de dous retablos e unha pintura mural.

Desde o lugar de Eirexe baixaremos ao lugar do Molar, onde se encontra o centenario e potente castiñeiro de Gabriel.

Desde Porcín subiremos a Páramo, e desde aquí a Furís de Abaixo.

Desde Furís de Abaixo pasreamos ao pé de varias casas, ente elas a de Cantiz, en dirección á Croa de Furís e muíños do Castelo, antes poderemos ver o rego de Fuírs  cos muíños de Portela, Cantiz e Cabanela, castiñeiro do Pacio…

Ao nacente de Furís está o monte da Casiña, no que se conserva unha croa notable na que se localizaron restos históricos, entre eles unha cabeza con rasgos moi elementais, boca, ollos, nariz…, hoxe non se sabe nada dela.

Desde a croa de Furís e muíños do Castelo, voltaremos a Furis de Arriba.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s