Agardámoste o vindeiro domingo 22 de abril para percorrer as terras “de ouro” da comarca de Quiroga, en concreto pola zona de Montefurado. Teremos ocasión de coñecer, coa axuda de guías locais, as técnicas de explotación de ouro por parte dos romanos.
Moitas grazas á Asociación Boca do Monte por ser unha magnífica anfitriona!