Roteiros 2017 - 2018

ROTEIRO POLOS ANCARES – BECERREÁ 12-11-2017

O domingo 12 de novembro agárdanos un roteiro por terras de Becerreá (Quintá de Cancelada). Ao longo do mesmo teremos a oportunidade, pero non a seguridade, de apañar 2 delicias propias do outono: castañas e cogomelos, que poderemos degustar ao remate da ruta, xunto con alugunha outra sorpresa.

Ver cartel

Vaia roteiro máis fermoso! Que soutos ten Quintá! E que dicir do remate na casa familiar no guía (Chema)! Entre el, súa nai e os asadores de castañas, agasalláronnos como se fósemos da súa íntima familia. Na “cuchipanda” tamén tiveron unha labor importante os cociñeiros da degustación de cogomelos  (Loli e outros participantes na ruta dos que,  desafortunadamente, non recordo o nome). Non faltou de nada: exquisitas e abondosas viandas, viño e outras  variadas bebidas, , música de Fuxan os Ventos, humor “da terra” …  Grazas a todos e todas, especialmente a Chema e achegados. Que persoas máis agarimosas!!!

AVISOquedou no autobús un paraugas vermello. Está no local de ADEGA (rúa das Fontiñas 180, entrechán). Para recollelo chamar previamente ao nº de teléfono fixo (982 240299).

Ver fotos

Unha opinión sobre “ROTEIRO POLOS ANCARES – BECERREÁ 12-11-2017”

Os comentarios están pechados.